Primarias en Andalucía, Susana Díaz quere gañar o pulso á Sánchez

Susana Díaz, Juan Espadas e Luis Ángel Hierro aspiran a enfrontarse nas vindeiras eleccións andaluzas a Juan Manuel Moreno, que goberna con Ciudadanos e Vox, cando se manteñen altas as posibilidades dun adianto electoral.
Espadas, Díaz e Hierro son as candidatas a encabezar a candidatura do PSOE andaluz. (Foto: Europa Press)
photo_camera Espadas, Díaz e Hierro son as candidatas a encabezar a candidatura do PSOE andaluz. (Foto: Europa Press)

A partir das 20:00 de hoxe, Susana Díaz, Juan Espadas e Luis Ángel Hierro, aspirantes a encabezar a candidatura do PSOE nas vindeiras eleccións en Andalucía, enfrontáranse no único debate acordado na sé federal da organización, en Sevilla, a unha semana da data fixada para a votación, o 13 de xuño.

O debate das primarias dividirase en catro bloques de 12 minutos, sobre sanidade e saída da pandemia, economía, servizos públicos e dereito, e o último sobre o encaixe territorial andaluz. Estes termos foron acordados a pasada terza feira nunha xuntanza da Comisión de Primarias.

Nesa cita tamén se pactou que a xornalista Eva Saiz moderase o debate, que incluirá preguntas da militancia de base do PSOE de Andalucía e será retransmitida por distintas plataformas dixitais.

Despois das correspondentes negociacións, no sorteo determinouse que Hierro abra o minuto de presentación do debate, mentres que o alcalde de Sevilla, Juan Espadas, sería o encargado de fechalo.

Cada candidatura terá cinco minutos no bloque da militancia para responder todas as preguntas que entren nesa marxe, para poñerse de acordo na xestión dese tempo, a solución empregada será contratar un árbitro de baloncesto xunto con tres auxiliares, para que, segundo informou a organización, fiscalizar “o tempo de uso de cada candidatura”.

O último pulso de Pedro Sánchez contra Susana Díaz

Desde que en maio de 2017 Pedro Sánchez se impuxera a Susana Díaz, naquela altura presidenta de Andalucía, nas primarias para liderar o PSOE, a cuestión da renovación sempre sobrevoou a socialdemocracia andaluza, do mesmo xeito que noutros territorios, Sánchez buscou nestes anos introducir as persoas máis afíns para evitar outra situación como a de novembro de 2016, cando un golpe de estado nun Comité Federal do PSOE rematou coa súa primeira etapa na Secretaría Xeral.

Pola contra, Díaz conseguiu sobrevivir politicamente a pesar de ter que ceder por primeira vez o Goberno ao PP e Ciudadanos, co respaldo de Vox, despois dunha xestión ininterrompida do PSOE desde a creación dos órganos autonómicos en 1982. De imporse nas primarias abriría un novo capítulo que lle permitiría garantir o seu poder territorial cando menos catro anos máis.

Comentarios