Palestiniano torturado até a morte en prisión israelita por guindar pedras contra soldados

Arafat Jaradat, de 30 anos e detido por guindar pedras a soldados israelitas, morreu en prisión após ser "torturado até a morte", segundo se desprende da autopsia. Milleiros de palestinianos sairon á rúa pedir unha investigación internacional. Exército israelita disparou contra manifestantes, ferindo ducias deles, mesmo crianzas
Arafat Jaradat
photo_camera Arafat Jaradat

Arafat Jaradat tiña 30 anos e era un dos milleiros de palestinianos presos en cadeas israelitas (entre eles, centos de menores de idade). Morreu o pasado sábado. Para o goberno de Israel o seu falecemento foi por mor dun ataque ao corazón. Mais desde a Autoridade Nacional de Palestina fixeron públicos os resultados da autopsia e afirman que Jaradat morreu após ser "torturado até a morte". Durante a autopsia atopáronse múltiples fracturas no corpo e cráneo de Jaradat.

Arafat Jaradat fora detido o pasado 18 de febreiro acusado de ter guindado pedras a soldados israelitas. Morreu o 23 de febreiro no cárcere israelita de Megiddo, no norte dos territorios ocupados.

Folga de fame de 3.000 pres@s

A morte de Jaradat xerou multitudinarias protstas e manifestacións en diversas cidades e vilas de Palestina, exixindo unha investigación internacional. O exército israelita respostou ás protestas con disparos, tanto de balas de goma como de balas reais, ferindo a ducias de persoas, entre elas varias crianzas.

Alén disto, por volta de 3.000 prisioneros palestinianos iniciaron o domingo unha greve de fame de 24 horas en protesta pola morte do seu compatriota.

Comentarios