A presión internacional obriga o exército israelí a investigar a morte dun adolescente palestino

Ali Abu Aliya, de 15 anos, foi morto a tiros durante unha manifestación contra a construción dun asentamento israelí perto de Ramalla, na Cisxordania ocupada.

Ali Abu Alia palestina
photo_camera Ali Abu Alia

Finalmente as Forzas de defensa israelís (IDF) van abrir unha investigación sobre a morte a tiros polos seus soldados dun adolescente palestino. Un paso que dan despois das protestas destes días e a presión internacional, que levan ao exército a ter que admitir o uso de munición real contra as protestas dos palestinos.

O enviado de Nacións Unidas para Oriente Medio describiu o asasinato de Alí Abu como " inaceptábel"

Ali Abu Alia é o quinto menor palestino da Cisxordania ocupada asasinado polas forzas israelís con munición real este ano. Acababa de facer 15 anos esta sexta feira cando soldados israelíes disparáronlle cando participaba nunha protesta na aldea Al-Mughayyir.

Segundo a información obtida pola ONG que traballa polos dereitos dos nenos palestinos DCIP, as forzas israelís dispararon a Ali no abdome mentres observaba enfrontamentos entre a mocidade palestina e as forzas israelís á entrada da vila. Outros catro palestinos resultaron feridos.

Segundo a lexislación internacional, a forza letal intencionada só se xustifica cando existe unha ameaza directa á vida ou feridas graves, pero as investigacións realizadas polo DCIP suxiren que as forzas israelís utilizan a forza letal contra menores palestinos en circunstancias inxustificadas, o que deriva en “asasinatos extraxudiciais”.

Comentarios