sábado 31/10/20

O presidente do Parlament catalán, espiado por un sistema informático que só os Gobernos poden mercar

A investigación feita pública por The Guardian e El País indica que Anna Gabriel e o membro de ANC, Jordi Domingo, tamén foron espiados

Roger Torrent
Roger Torrent

O presidente do Parlament de Catalunya, Roger Torrent, foi espiado o ano pasado por un sistema de interferencia nos teléfonos móbiles que só pode ser comprado polos gobernos de estados e as forzas de seguridade.

Así o revelan as informacións publicadas polos xornais The Guardian e El País, segundo as cales non só Torrent foi espiado a través deste sistema que usa un erro de seguridade de WhatsApp. Tamén o foron Anna Gabriel, ex membro da CUP no exilio en Suíza, e Jordi Domingo, traballador da Deputación de Tarragona e membro da ANC.

Segundo WhatsApp, entrouse no teléfono móbil de Torrent entre abril e maio de 2019, cando 1.400 usuarios desta rede social foron obxecto do programa de espía informático Pegasus, da compañía israelí NSO Group.

Torrent, di The Guardian, foi avisado por investigadores que traballan con WhatsApp. Segundo a información, parece que o Estado español está detrás deste ataque e é probable que se leve a cabo sen autorización xudicial.

Segundo o xornal británico, os expertos din que este ataque é un caso de "posíbel espionaxe política doméstica en Europa".

Un grupo de ciberseguridade da Universidade de Toronto investigou un defecto de seguridade de WhatsApp que permitiu esta intrusión e obtivo os números de teléfono agredidos, incluídos os de Torrent, Gabriel e Domingo.

A investigación di que no caso do presidente do Parlament, os atacantes recorreron a unha chamada perdida en WhatsApp, que non precisou resposta e que "hai moitas evidencias que poden determinar que Torrent estaba controlado".

comentarios