O presidente do Parlament balear racha a foto dunha republicana fusilada polo franquismo

Gabriel Le Senne, de Vox, rachou unha foto de Aurora Picornell, sindicalista, comunista e feminista fusilada polo franquismo.

foto rota
photo_camera (Foto: PSOE)

O presidente do Parlament balear rachou nun debate na Cámara a foto dunha republicana fusilada polo franquismo

Os feitos tiveron lugar durante o debate de toma en consideración da proposición de lei de Vox para derrogar a lei de memoria democrática, durante a cal o ultradereitista Gabriel Le Senne tamén expulsou da sala de plenos á vicepresidenta segunda da Mesa, Mercedes Garrido, e a secretaria segunda do Parlament, Pilar Costa (as dúas do PSOE), que tiñan sobre a mesa imaxes de vítimas da ditadura —entre elas, a da sindicalista e militante do Partido Comunista Aurora Picornell.

Ante as imaxes, o presidente argumentou a suposta necesidade de "preservar a neutralidade da sala" e esixiu que "retiren os retratos". Mais as socialistas resistiron e negáronse a ceder á esixencia, ademais de responder que as fotos están alí como "acto de xustiza e reparación".

Le Senne perdeu as formas e arrebatou a fotografía que Garrido tiña enganchada no computador. Pola súa parte, Costa aguantou no seu sitio coas imaxes uns segundos máis até que o presidente tamén a expulsou.

Comentarios