O presidente bretón apela ao “dereito de diferenciación” de Bretaña

breizh

O xefe do Consello rexional bretón, o socialista Loïg Chesnais-Girard, ve na xanela aberta por Emmanuel Macron a recoñecer na constitución francesa a especificidade de Córsega “unha oportunidade” para Bretaña “faga valer as súas conviccións e propostas”, segundo informa Nationalia.

O presidente suxire un “dereito de diferenciación e autonomía fiscal” para este territorio. Este dereito, explican en Nationalia, podería implicar a aplicación de regulamentos legais de forma diferente segundo o territorio.

Porén, para a UDB (Unión democrática bretoa), o que cómpre é unha reforma que permita que “calquera territorio que así o desexe poida acceder a unha autonomía plena e completa”, con competencias lexislativas.

Comentarios