A presidenta do Brasil, á beira de ser destituída polo Congreso

Este domingo (17 de abril) a Cámara vota a abertura do proceso de impeachment

Dilma Rousseff_Telesur
photo_camera Dilma Rousseff [Imaxe Telesur]

O Congreso do Brasil votará este domingo (17 de abril) a abertura do proceso de impeachment (destitución) da presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, após os presuntos casos de corrupción que atinxen o seu goberno. 

Segundo recolle a Folha de São Paulo, a mandataria non estaría en condicións de conseguir o terzo de parlamentares (172 de 513) que precisa para impedir a súa saída pois as principais forzas políticas con representación na Cámara anunciaron que votaran a favor da destitución, embora nalgúns casos non sexa o conxunto total de parlamentares. 

Dilma Rousseff precisa 172 escanos para impedir a súa destitución

De acordo co reconto feito nos últimos días pola Folha de São Paulo logo dos pronunciamentos públicos das formacións. 

Así pois, PMDB (66), PSDB (51), Rede (4), DEM (28), PV (7), PSB (31), PPS (9), SD (14), PSC (10), PTB (19), PMB (1), PRB (22), PSL (2), PSD (36) e PP (47) votarían a favor do impeachment

PCdoB (11), PSOL (6), PTdoB (3) e PDT (20) oporíanse á destitución da presidenta. 


No medio, PR (40), PHS (7), PROS (6), PEN (2) e PTN (13) aínda non ficou claro en que sentido orientarán o seu voto o domingo. 

As contas non dan mais desde o goberno aseguran que poderían conseguir mesmo algún apoio máis do que os 172 necesarios. Ora ben, todo apunta a que será moi complexo tornar a votación pois nos últimos días dúas das formacións que apoiaban o gobero, o Partido Progresista (PP) e o Partido Republicano Brasileiro (PRB) avanzaron que se posicionan na contra da presidenta. 
 

Comentarios