Presentan a iniciativa “Solidarity with Scotland” fronte á campaña británica contra a independencia

O seu sitio web promove o envío de mensaxes de apoio e solidariedade coa “Escocia do YES” a seis meses do referendo. Os e as promotoras denuncian o aliñamento do Goberno español e dirixentes da UE con Londres.

escoica


A realidade dista das declaracións nas que o Goberno británico afirma non querer interferir no referendo de independencia de Escocia que se se realizará o vindeiro 18 de setembro. O propio Premier James Cameron asegurou que é un debate que “corresponde só á cidadanía escocesa”. Porén, en xaneiro deste ano revelábase que a oficina oficial “Devolution Unit”, criada en 2012 logo da Commonwealth, estaría a ser empregada por Londres para procuraren opinións contrarias á independencia escocesa por parte doutros gobernos, empresas, organizacións e cidadanía. Con esta decisión, impulsada desde a Foreing Office, Downing Street estaría a procurar o máximo apoio exterior na súa campaña velada a prol do non.

A campaña solidaria estará coordinada por Paul Kavanagh en Glasgow e Pilar Fernández, colaboradora de Sermos Galiza,desde Compostela.

Fronte esta ofensiva contraria a que Escocia se converta nunha nación independente, vén de se presentar a iniciativa internacional “Solidarity with Scotland”. A mesma pretende recoller “as valoracións positivas que ten a independencia de Escocia e facelas chegar ás distintas embaixadas británicas no mundo, para que sexan remitidas tamén á Devolution Unit”. Desta maneira, desde o seu sitio web www.solidaritywithscotland.com chaman a “asolagar esa oficina con mensaxes positivas de solidariedade coa Escocia do YES”. A participación non se limita á poboación escocesa residente no exterior, senón tamén “ás persoas amigas de Escocia, organizacións, empresariado ou grupos que queiran apoiala”. 

Por que xorde esta iniciativa? “Cada vez máis cidadáns escoceses que viven no exterior preguntaban que podían facer para apoiar o si á independencia”, explican nun comunicado. A campaña solidaria estará coordinada por Paul Kavanagh en Glasgow e Pilar Fernández, colaboradora de Sermos Galiza, desde Compostela.

Dirixentes da UE e o Goberno español aliñados con Londres

Desde a iniciativa salientan a necesidade desta contracampaña, denunciando que tanto o Goberno español como na práctica a propia Unión Europea están a se aliñar con Londres. No caso do Executivo español lembran que “desde antes de ser convocado o referendo, tentou manobrar para detelo”, ao que se engaden as numerosas declaracións de dirixentes do Partido Popular contra a independencia, nas que mesmo se propuxo que a UE intervise para impedir a celebración de referendos independentistas.

O Presidente da Comisión Europea, Durão Barroso, e do Consello da UE, Van Rompuy, foron dous dos líderes da Unión que tentaron influír no debate co pretenso de o decantar cara o non. 

Comentarios