Presentado o anuario do Igadi: 'Nova normalidade e sociedade de risco'

Xeopolítica internacional cunha visión galega.
igadi_dupla
photo_camera Capa e contracapa do anuario do Igadi, dispoñíbel na súa web (igadi.gal)

O Igadi Annual Report 2020-2021: Nova normalidade e sociedade de risco global foi presentado nesta quinta feira, 15 de abril. a través dunha videoconferencia mediante Zoom.

A 14ª edición do anuario que publica o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) identifica na emerxencia da Covid-19 o potencial punto de inflexión dos riscos acumulados pola sociedade internacional nas últimas décadas.

O asalto ao Capitolio, as primeiras consecuencias do Brexit, a dificultosa xestión da produción e administración universal das vacinas alertan de novos escenarios que se veñen a sumar ás crises da última década, reflexionan desde o Igadi.

O escenario electoral de 2021 en Alemaña e o caso Navalny en Rusia son analizados por Christoph Schreinmoser e Miriam Francisco, respectivamente. 

Tamén se analiza a situación en Marrocos, a China e as Américas, coa colaboración de David Alvarado, Lan Bo e Wesley ST Guerra.

Ademais, entre outros, Alfredo Toro Hardy aborda a guerra tecnolóxica entre os EUA e a China; e María Xosé Porteiro, o impacto da pandemia sobre os feminismos.

Comentarios