As presas e presos do procés voltarán ao Parlament de Catalunya

A Consellaría de Xustiza do Goberno catalán aprobou no día de onte a comparecencia no Parlament de Catalunya de presas e presos condenados a cárcere pola causa do procés.
Imaxes de presas e presos pola causa do procés (Imaxe Eruopa Press)
photo_camera Imaxes de Junqueras e Romeva nun acto de ERC (Imaxe: Eruopa Press)

O vindeiro 28 de xaneiro sairán da cadea presas e presos cataláns condenados na causa do procés polo Tribunal Supremo para participar da comisión de investigación que a Cámara catalá realizará sobre a aplicación do artigo 155. Sairán por primeira vez da prisión Oriol Junqueras, Raül Romeva, Dolors Bassa, Jordi Turull, Josep Rull e Joaquim Forn. 

A Fiscalía contradí a Xunta Electoral Central

A Fiscalía do Tribunal Supremo publicou no día de onte un informe onde afirma que a competencia para retirar a credencial de deputado ao presidente da Generalitat de Catalunya, Quim Torra, recae no Parlament e non na Xunta Electoral Central (XEC), mentres non haxa unha sentenza firme da xustiza.

A Fiscalía apoia así a petición de Torra na que pide que a resolución da XEC quede en suspenso até que o Supremo decida. En decembro, o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya inhabilitou Torra por non retirar unha faixa con lazos amarelos do edificio da Generalitat durante a campaña. O president recorreu ao Supremo e, a pesar de que aínda hoxe non resolvese, a XEC non respectou os tempos xudiciais e ordenou retirar o escano ao president Quim Torra. 

Comentarios