O PP rexeita no Congreso o asilo político de Hassanna Aalia

A posición do grupo maioritario nas Cortes españolas contrasta coa manifestada polo mesmo partido en Galiza, Euskadi ou Navarra.

Hassanna Aalia
photo_camera Hassanna Aalia

A Comisión de Interior do Congreso español debateu esta terza feira (17 de febreiro) unha proposta presentada por diversas forzas políticas, Amaiur, Izquierda Plural, PNV e BNG, solicitando a revisión da solicitude de asilo político presentada polo activista Hassanna Aalia e que lle foi denegada o 19 de xaneiro

A iniciativa foi rexeitada cos votos do Partido Popular e apoiada por todas as forzas da oposición. A posición do grupo parlamentar popular en Madrid contrasta coa manifestada polo mesmo partido en Galiza onde a pasada semana foi aprobada unha declaración institucional unánime na que se solicita a revisión da solicitude presentada polo activista sahariano e o recoñecemento do seu dereito de asilo habida conta do futuro que lle agarda de ser prendido polas autoridades marroquinas. 

Aalia foi condenado a cadea perpetua por un tribunal militar após ser xulgado en dúas ocasións pola súa participación no campamento de Gzdein Izik. 

Comentarios