O vídeo é unha peza humorística, de pésimo gusto, en que un neno supostamente le ao seu pai a súa carta aos Reis Magos.
"Queridos Reis Magos: a miña cantante preferida era Amy Winehouse, e leváchela. O meu actor favorito era Robin Williams e leváchelo. O meu humorista favorito era Chiquito da Calzada e tamén o levache. Só che escribo esta carta para che dicir que o meu presidente favorito é... Pedro Sánchez", reza a misiva aos magos de oriente no vídeo guionizado polo humorista Ignacio de la Puerta.
O PP pediu desculpas por ter feito circular o vídeo através das súas redes sociais. Segundo fontes da Moncloa consultadas por Efe, a Fiscalía deberá estudar se o gag é constitutivo de delito e se é preciso instar accións xudiciais contra o seu autor e contra aqueles que lle deron difusión pública.