Sermos Galiza 236

Posverdade, a nova pedra basilar do discurso global dominante

A verdade nunca valeu tan pouco, nin a mentira custou menos. A percepción emotiva da realidade imponse á realidade material. Esa é a tese que empurra a teoría da posverdade, un neoloxismo de moda que describe o vello fenómeno da manipulación e a alienación social, e que explicaría a vitoria de Donald Trump, o Brexit ou o apoio social a discursos reaccionarios como o de Marine Le Pen. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 236.

postverdade_pixabay

A neolingua é un fenómeno sociolingüístico, cun claro compoñente ideolóxico e discursivo, que tenciona presentar con novos termos vellos conceptos. Non é só unha mudanza estética. A opción por un ou outro significante procura alterar o significado e percepción social do mesmo. A emerxencia de novos vocablos como “posverdade” podería inscribirse nese fenómeno. O termo, acuñado en 1992 e que xa foi utilizado nos inicios dos anos 2000, toma forza no primeiro plano da actualidade. Tanto que o Dicionario Oxford o elixiu palabra do ano 2016. No entanto, son numerosas as voces que cuestionan que a denominada ‘posverdade’ describa unha realidade nova. Ao contrario, sería apenas a nova maneira de lle chamar á vella e histórica manipulación da realidade, inda que incorporando algúns matices da conxuntura presente.

5Na era da viralización informativa, foi precisamente a portada dun xornal, The Economist, a que a finais do pasado ano fixo explotar o termo “posverdade”. A publicación empregábao para asegurar que a vitoria de Donald Trump nas eleccións presidenciais dos EUA, após unha campaña inzada de falsidades rotundas, visaba que estabamos na era da posverdade. Unha etapa histórica, posfactual, na que os feitos obxectivos perden importancia face a prevalencia, cada vez maior, de factores de tipo emocional. Xa non importa que o que se diga é verdade ou non, senón que abonda con que as declaracións provoquen a sensación de “que poden ser verdade”. Sensacións por riba de feitos.

[Podes ler a peza íntegra no Sermos Galiza 236, á venda xa na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios