Portugal valora alargar o confinamento até despois da Pascua

Quer evitar unha desescalada que derive nunha nova vaga de contaxios.

Imaxe dunha persoa cun patinete eléctrico en Portugal. Foto Pedro Fiuza Zuma Press
photo_camera Imaxe dunha persoa cun patinete eléctrico en Portugal. (Foto Pedro Fiuza Zuma Press)

Portugal valora alargar o confinamento no que está desde hai un mes até despois de Pascua. O domingo de Pascua é o 4 de abril e a posibilidade de que se manteña o encerro durante este período está na mesa do Goberno luso, para evitar repetir o aumento exponencial de contxios que se produciu durante o período de Nadal.

O actual estado de excepción prolongarase até o 14 de febreiro e está previsto que que presidente da República renove ee estado esta quinta feira.

En declaracións ao xornal Público, o especialista do doutor do Instituto Nacional de Saúde Ricardo Jorge, afirmou: "Necesitamos manter estes medidas de confinamento por un período de dous meses para que o número de camas ocupadas en coidados intensivos sexa inferior a 200 e a incidencia acumulada a 14 días por baixo dos 60 casos por cada 100.000 habitantes. "

Se se confirma que non hai levantamento de restricións antes de Pacoa e tomando como criterio a apertura de escolas ou restaurantes, todo apunta a que o período actual de confinamento xeral (que, en principio, é de 73 días) será superior ao de 2020.

Na prolongación do estado de emerxencia está incluída a continuación das restricións na fronteira.

Comentarios