Portugal debate sobre a despenalización da eutanasia

Algunhas forzas políticas confían en frear a lei de despenalización da eutanasia cun referendo
A Federação Portuguesa pela Vida pula por un referendo.
photo_camera A Federação Portuguesa pela Vida pula por un referendo.

Os partidos portugueses confrontan para despenalizar o dereito á morte asistida. Os proxectos de lei sobre eutanasia chegarán para debate a vindeira semana ao plenario do Parlamento luso e desde o conservador Partido Social Demócrata (PSD) pediron onte a "reabertura do debate à sociedade civil de forma abrangente", e sinalaron a necesidade de organizar mesas de debate con entidades como Stop Eutanásia, fortemente contraria á morte asistida. Desde o Partido Socialista (PS) lembraron que "já houve um debate longo", inciado en 2015 con propostas que deron pé á formación de grupos de traballo no Parlamento onde participaron expertos e entidades de diversos pareceres sobre esta materia.  

O ex presidente da República e un dos líderes conservadores, Aníbal Cavaco Silva, volveu onte marcar posicións nunha entrevista radiofónica considerando a legalización da eutanasia como "a decisão mais grave para o futuro da nossa sociedade que a Assembleia da República pode tomar. É abrir uma porta a abusos na questão da vida ou da morte de consequências 
assustadoras". 

Cavaco dirixiuse tamén ás e aos deputados conservadores lembrando que o último congreso do PSD aprobou defender a realización dun referendo sobre a eutanasia.

Co referendo preténdese recabar unha maioría popular contra a despenalización. É tamén unha proposta que está a promover a Federação Portuguesa pela Vida, que ten como obxectivo recoller 60 mil sinaturas para que o Parlamento opte pola consulta popular.  

O primeiro paso para despenalizar a eutanasia darase no pleno da semana que vén e prevese que saia adiante cos votos do Partido Soacialista, Bloco de Esquerda, Partido dos Animais, o Verde e o liberal. O Partido Comunista desmárcase do resto da esquerda, poñéndose contra a medida e sinalando que é unha cuestión política e non individual.

Comentarios