Un portavoz de Guaidó di que a oposición a Maduro non quere nin mediación nin diálogo

O autoproclamado presidente de Venezuela, o golpista Juan Guaidó, enviou un emisario a Italia para manter contactos co goberno de Giuseppe Conte, que non recoñece o deputado da Asemblea Nacional como novo xefe de estado do país, e co Vaticano.

Guaidó_entrevistado_por_VOA
photo_camera Guaidó, á esquerda, durante unha entrevista

"Nestes momentos non están dadas as condicións para a mediación nin para o diálogo. O que queremos son condicións para o cesamento da usurpación" do poder que, segundo a oposición, se tería dado por parte de Nicolás Maduro, dixo esta segunda feira en Roma Francisco Sucre, presidente da comisión de asuntos exteriores da Asemblea Nacional venezuelana, controlada pola dereita.

Sucre afrmou que existe consenso no país entre as "distintas forzas políticas" en que Maduro "é ilexítimo e en que hai unha necesidade de eleccións libres no prazo máis breve". A afirmación do emisario de Guaidó é falsa, desde o momento en que o bloque bolivarino, liderado polo Partido Socialista Unido de Venezuela, mantén a súa lealdade ao líder chavista, eleito presidente en votación directa polo electorado venezuelano en maio de 2018, co 67 por cento dos votos.

En todo caso, o delegado de Guaidó non fixo máis que  reiterar a oposiciòn deste a calquera tipo de mediación, tamén á intervención do Grupo de Contacto da UE, a pesar de que neste órgano participan estados, com o español, que si recoñecen o golpista como presidente do país.

Comentarios