A policía mexicana detén o exalcalde de Iguala polo asasinato d@s estudantes normalistas

José Luís Abarca foi detido esta terza feira xunto coa súa compañeira, María de los Ángeles Pineda, acusad@s de ordenar a desaparición e asasinato de estudantes normalistas en Mexico o 26 de setembro. 

Mexico
photo_camera Abarca e Pineda nunha imaxe da imprensa local

Após máis de dúas semanas fuxid@s da xustiza, o ex-rexedor de Iguala, José Luís Abarca, e a súa compañeira, María de los Ángeles Pineda, foron detid@s pola Policía federal mexicana nunha vivenda no distrito de Iztapalapa, cidade de Mexico. 

Sobre amb@s caía unha orde de búsqueda e captura pol@s consideraren responsábeis da desaparición e morte de ducias de estudantes, d@s que aínda permanecen en paradoiro descoñecido 43. Segundo informa a imprensa local a detención produciuse por volta das 01.00 a.m (hora local) e tanto Abarca como Pineda xa foron trasladad@s perante a Procuradoría Xeral da República. 

A Fiscalía mexicana acúsa@s de estaren ao servizo do grupo criminal Guerreros Unidos, vinculado ao narco, quen pagaba á parella a cambio de controlar a policía municipal.

Comentarios