A Policía denuncia Raxoi por romper o confinamento para facer exercicio na rúa

A Delegación do Goberno ten agora que decidir se impón unha multa ao ex presidente español, sanción que podería ser superior a 600 euros.

Raxoi
photo_camera Raxoi

A Delegación do Goberno español en Madrid ten que decidir se finalmente multa ou non Mariano Raxoi polo seu incumprimento das normas de confinamento vixentes no estado de alarma para facer exercicio na rúa.

A Policía xa redactou a denuncia contra o ex presidente español despois de realizar as comprobacións necesarias tras a nova de que Raxoi incumprira o confinamento. A denuncia está en mans da Delegación, que é a que ten que tramitar o expediente. 

O decreto do estado de alarma, vixente desde o pasado 14 de marzo, só permite as persoas Asultas abandonar o confinamento para ir ao traballo, farmacia ou supermercados, ou ben por causas de forza maior.

A multa a Raxoi por eses feitos pode ser superior a 600 euros. No seu día, o ministro do Interior Grande Marlaska xa advertira que o Estado actuaría como con calquera outro cidadán.


 

Comentarios