Puigdemont detido en Alemaña e trasladado á prisión de Neumünster

España iniciou os pasos para pedir a súa extradición. Convocadas diversas mobilizacións para este domingo en Catalunya contra a súa detención. Os servizos secretos españois tiñan localizado o expresident e cando saíu de Finlandia para Alemaña informou á policía xermana. 

Puigdemont esta semana en Bruxelas. Foto NacióDigital
photo_camera Puigdemont esta semana en Bruxelas. Foto NacióDigital

A Policía alemá interceptou o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont ás 11:15 cando intentaba entrar no país desde Dinamarca a bordo dun vehículo, segundo o seu avogado, Jaume Alonso-Cuevillas. A pasada sexta feira, o xuíz Pablo Llarena emitiu unha euroorde de detención contra Carles Puigdemonte e outros líderes independentistas. A revista alemana Focus asegura que o servizo de intelixencia español tiña localizado Puigdemont e cando saíu de Finlandia para Alemaña informou á policía xermana

O expresident catalá é trasladado ao cárcere de Neumünster

O goberno español informou cando pasaron uns minutos despois do mediodía da conformación oficial das autoridades alemás do arresto do expresidente da Generalitat. Fontes da Moncloa sinalaron que a detención é o resultado da solicitude feita polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena e que agora vai "seguir dos procedementos habituais para o sistema de cooperación policial e xudicial europea". 

A Fiscalía de Schleswig-Holstein estudiará a euroorde contra Puigdemont. O líder catalán comparecerá esta segunda feira perante a xustiza alemá, que determinará se o mantén baixo detención. Segundo informan medios locais alemáns, Puigdemont estaría a avaliar pedir asilo en Alemaña.

O vicepresident do Bundestag, Parlamento alemán, o xurista Wolfgang Kubicki (FDP),considera que non é posíbel a extradición de Puigdemont por rebelión. "En Alemaña non coñecemos ese delito, a diferencia de España"

A normativa da Orden Europea de Detención obriga as autoridades xermanas a tomar unha decisión nun prazo de 60 días, se ben en casos exceocionais podería alongarsea até 90. O código penal alemán si que recolle un delito (alta traición) similar ao de rebelión que existe no español e que se lle imputa ao expresident.

A revista alemana Focus asegura que o servizo de intelixencia español tiña localziado Puigdemont e cando saíu de Finlandia para Alemaña informou á policía xermana

O avogado de Puigdemont afirma que este se dirixía a Bélxica para “se poñer a disposición da xustiza belga” e informou que o expresidente estivo nunha comisaría alemá e que o trato foi “correcto”. En concreto, estivo retido nunha comisaría de policia en Schuby, unha pequena localidade ao norde do país, e desde aí foi trasladado ao cárcere de Neumünster.

Reaccións

A ANC convocou para esta tarde (ás 17:00 horas) unha marcha diante da Comisión europea en Barcelona contra a detención de Carles Puigdemont. A Asamblea Nacional Catalana anuncia que a mobilización rematará diante do Consulado de Alemaña en Barcelona. Omnium xa anunciou que apoiaba a manifestación. Tamén hai diversas convocatorias dos CDR en diferentes puntos de Catalunya. 

Ducias de independentistas concentráronse ante a subdelegación do Goberno de Girona, onde pintaron de amarelo a fachada do edificio e retiraron a bandeira española, en protesta pola detención do expresidente.

O presidente do Parlament, Roger Torrent, explicou este domingo que está en contacto coa defensa de Carles Puigdemont e as autoridades alemás. Torrent transmitiu a necesidade de "construír unha fronte común para defender dereitos e liberdades individuais e colectivos".

(En ampliación)

Comentarios