POLéMICA EN ISRAEL

Polémica en Israel por unha prenda de Zara con ‘’reminiscencias’’ ao uniforme dos prisioneir@s dos campos nazis

Unha camisola branca con raias negras e unha estrela de seis puntas no parte superior esquerda que vende Inditex xera abraio e malestar en Israel e non só.

Zara
photo_camera A prenda da polémica

Os medios hebreos están estes días a debater sobre a última liña de moda de Zara, a importante multinacional do téxtil con sede en Arteixo. Un debate no que o abraio, o malestar e a carraxe se funden nunha pregunta que fai Haaretz: “En que estaban a pensar?”

Nese diario israelita informan que a marca de Inditex ofrece na súa web para Israel unha camisola ‘sheriff’ que ten reminiscencias aos uniformes que lles obrigaban levar aos xudeus nos campos de concentración nazis. “Se ben a versión Zara ostenta eaias horizontais no canto de verticais, a camisa leva unha gran estrela de seis puntas na parte superior esquerda, no lugar exacto onde os nazis forzaron os xudeus a usar a estrela de David”.

Haaretz lembra que en 2012 a empresa de moda danesa Wood Wood pediu desculpas por unha camiseta que caracteriza un detalle que se asemellaba á estrela de David que obrigaban a usar aos xudeus durante o Holocausto. 

Inditex xa se desculpou e negou que a prenda se inspirase no uniforme imposto aos prisioneiros, afirmando que a orixe da camisola estaba nos 'sheriffs' do oeste americano. A compañía optou, aliás, por retirar a prenda.

Comentarios