Podería repetirse o asalto ao Capitolio dos EUA nos próximos días?

O xefe da Policía do Capitolio de Estados Unidos (USCP, polas súas siglas en inglés), Tom Menger, admitiu a posibilidade dun novo asalto ao capitolio por parte dos seguidores de Donald Trump.
Seguidores de Trump durante o asalto ao capitolio o 6 de xaneiro de 2021 (Foto: Michael Nigro / Zuma Press / Contactophoto).
photo_camera Seguidores de Trump durante o asalto ao capitolio o 6 de xaneiro de 2021 (Foto: Michael Nigro / Zuma Press / Contactophoto).

O xefe da Policía do Capitolio de Estados Unidos (USCP, polas súas siglas en inglés), Tom Menger, admitiu a posibilidade dun novo asalto ao Capitolio por parte dos seguidores de Donald Trump, como ocorreu o 6 de xaneiro de 2021, a pesar de que destacou as medidas implementadas para mellorar a resposta a un incidente deste calibre.

"A medida que nos achegamos ao segundo aniversario dun dos días máis escuros na historia da nosa nación, debemos responder a esta pregunta crítica: 'Podería volver ocorrer o 6 de xaneiro?", expresou o xefe da Policía do Capitolio.

"País polarizado"

"Co estado polarizado da nosa nación, poderíase tentar novamente un ataque como o que sufriu o noso Departamento", recoñeceu o axente de Policía, que engadiu que "se acontece o impensábel", as autoridades estarán "preparadas".

Menger relatou que a USPD estivo " traballando día e noite para implementar máis de 100 melloras significativas".

"Queda traballo por facer"

Así, explicou que a situación actual é "claramente mellor que antes do ataque do 6 de xaneiro", mentres que destacou que "aínda queda traballo por facer".

"O clima de ameazas actual, particularmente contra os funcionarios electos, requirirá unha vixilancia continua e máis intensa. Faremos todo o posíbel para cumprir coa nosa misión de protexer os membros do Congreso, o complexo do Capitolio e o proceso lexislativo", concluíu.

Comentarios