O PNV chama a coller "polos cornos" as eleccións

Andoni Ortuzar chama a "coller polos cornos" o debate sobre a data das eleccións en Euskadi, porque "o que vén no outono é moi forte. 
Andoni Ortuzar, presidente do EBB do PNV (Imaxe: Europa Press)
photo_camera Andoni Ortuzar, presidente do EBB do PNV (Imaxe: Europa Press)

O presidente do Euskadi Buru Batzar do Partido Nacionalista Vasco, Andoni Ortuzar, realizou esta terza feira, 12 de maio, un chamamento para "coller polos cornos" o debate sobre a data das eleccións en Euskadi, porque "o que vén no outono" en materia económica "é moi forte" e hai que "reaccionar como país", cun Goberno e Parlamento vascos xa constituídos.

Así se manifestou Ortuzar nunha entrevista radiofónica en que sinalou que "descoñece" se os comicios serán en xullo. "Depende de todos nós (os partidos) e, logo, a última palabra tena o lehendakari", engadiu.

Após puntualizar que para o PNV a prioridade nestes momentos é a loita contra a COVID-19 e que o desconfinamento "se faga ben", dixo que, "en todo este maremagnum que se moveu pola pandemia, están as eleccións", previstas para o pasado 5 de abril.

"De aquí a outubro hai que facelas nalgún momento, busquemos a mellor maneira", dixo, ao tempo que insitiu en non "fuxir" dunha realidade: "hai que facelas", aseverou. 

Comentarios