Piñera nomea ministra da Muller unha sobriña neta de Pinochet defensora da xestión económica da ditadura

Macarena Santalices asume o Ministerio da Muller e Equidade de Xénero.

Macarena santalices chile

Macarena Santalices é xornalista e foi alcaldesa de Olmué entre 2012 e 2019, unha pequena cidade de 20.000 habitantes. É tamén membro da dirección da Unión Democrática Independente (UDI) e vai ser a nova ministra de Muller e Equidade de Xénero.

Unha designación que xerou indignación e preocupación en non poucos sectores da sociedade chilena, pois Macarena Santalices ten unha actitude “morna”, como mínimo, cara á ditadura militar de Pinochet, de quen é sobriña neta. É filla de Luis Santalices, quen fora alcalde dos Andes en pleno réxime militar.

En diversas entrevistas, a que agora vai ser ministra destacou que coa ditadura “houbo moitos avances económicos” se ben recoñeceu que “o seu gran karma (do réxime) será a violación dos dereitos humanos, si que as houbo”.

Noutra entrevista defendeu que “non podemos descoñecer o bo do réxime militar”.


 


 

Comentarios