Piden á CIA que desclasifique documentos sobre Chávez para esclarecer se foi envenenado

Tres organizacións defensoras dos dereitos humanos acaban de se dirixir á CIA para que desclasifique todos os documentos que obran no seu poder sobre Chávez. Apelan á Lei de Liberdade da Información (Freedom of Information Act). Demandan información para esclarecer se o líder bolivariano foi asasinado.
Hugo Chávez
photo_camera Hugo Chávez

O Fondo da Sociedade para a Xustiza Social (Partneship for Civil Justice Fund), a organización antibelicista Answer e o diario "Liberation Newspaper" presentaron unha solicitude formal á Axencia Central de Intelixencia (CIA), o Departamento de Estado e a Axencia de Intelixencia de Defensa para que, acolléndose á Lei de Liberdade da Información, estes aparatos da Administración norteamericana liberen toda a información que posúen sobre Chávez.

Solicitan, en concreto, que se desclasifiquen todos os rexistos e documentos, correos electrónicos, cartas, memorandos, notas, fotografías, gravacións de audio, vídeo, dossieres de intelixencia ou caisquer outros dados que aludan ou "fagan referencia a calquer información"  que poda ter a ver con tentativas de asasinato do líder bolivariano.

Lembran estas organizacións defensoras dos dereitos humanos, na súa petición por escrito, que historicamente o Goberno dos EUA ten tido información sobre a preparación de atentados contra dirixentes como o líder da Revolución Cubana, Fidel Castro.

Alegan o dereito do pobo norteamericano a saber se a súa Administración estivo ou non detrás da morte de Hugo Chávez.

Horas antes de se producir o falecimento de Chávez, Nicolás Maduro dixo ter dados de que o cancro que acabou coa súa vida fora provocado polos "inimigos" de Venezuela.

Comentarios