Piden 7 anos de cárcere para o grupo punk feminista Pussy Riot pola actuación na catedral de Moscova

A Igrexa ortodoxa exixe un "severo castigo" contra tres integrantes do grupo punk feminista ruso por "atentaren contra os valores tradicionais". O vídeo da 'polémica actuación' está dispoñíbel no interior.

Vén de comenzar en Moscova a vista do xuízo contra as integrantes de Pussy Riot , o combo de punk-rock feminista que escandalizou amplos sectores da sociedade rusa coa súa actuación 'por sorpresa' na catedral de Cristo Salvador de Moscova. Piden para elas sete anos de cárcere por unha actuación que as autoridades cualifican de "antigobernamental".

Nadezhda Kolokolniva, Yekaterina Samutsevich e María Aliojina están acusadas tamén de gamberrismo por "atentaren contra os valores tradicionais" da Igrexa ortodoxa rusa cando, o 21 de febreiro, irromperon encarapuchadas nunha zona restrinxida do principal templo ortodoxo.

A igrexa rusa reaccionou indignada perante o que cualificaron de "profanación" do templo e pediu xa entón un duro castigo para as tres mulleres.

Comentarios