Covid: Pfizer asegura que a súa vacina ten unha eficacia de máis do 90%, segundo a propia compañía

A vacina dáse en dúas doses e o estudo indica que a súa taxa de eficacia é superior ao 90% sete días despois da segunda dose. Isto significa que a protección acádase 28 días despois do inicio da vacinación.

Unha investigadora traballa nun laboratorio coa vacina do coronavirus. (Foto: Europa Press)
photo_camera (Foto: Europa Press)

A vacina contra o coronavirus podería estar máis perto. A farmacéutica Pfizer informou esta segunda feira que segundo os datos iniciais dun gran estudo a súa vacina experimental ten unha efectividade de máis do 90% na prevención da Covid-19.

Pfizer e o seu socio alemán, BioNTech SE, son os primeiros fabricantes de medicamentos en mostrar datos exitosos dun ensaio clínico a gran escala dunha vacina contra o coronavirus.

A vacina dáse en dúas doses e o estudo indica que a súa taxa de eficacia é superior ao 90% sete días despois da segunda dose. Isto significa que a protección acádase 28 días despois do inicio da vacinación.

Doutra banda, quedan moitas preguntas, incluída por canto tempo brindará protección a vacina. Nun comunicado, as dúas compañías dixeron que até o de agora non atoparon problemas de seguridade serios e esperan solicitar a autorización de uso de emerxencia de Estados Unidos a finais deste mes.

Se se autoriza, a cantidade de dose de vacina inicialmente será limitada, pero segundo as proxeccións actuais, as empresas auguran que producirán a nivel mundial até 50 millóns de doses de vacinas en 2020 e  1.300 millóns de doses en 2021.

O ensaio clínico iniciouse o 27 de xullo e participaron nel 43.538 participantes. Pfizer e BioNTech agora continúan acumulando datos de seguridade e os participantes continuarán sendo monitoreados sobre a protección e seguridade a longo prazo da vacina durante dous anos máis.

Comentarios