Militarismo/Sermos279

PESCO, a filla europea da OTAN

O acordo de “cooperación permanente estruturada” suporá acrecentar o partillamento de esforzos e capacidades militares a nivel europeo. A iniciativa non só non colide coa OTAN, senón que aspira a afianzar o papel da Alianza Atlántica no continente.

Screen Shot 2018-01-14 at 13.12.00

O nacemento da chamada “cooperación permanente estruturada” (PESCO, nas súas siglas en inglés), subscrita por 23 dos 28 estados que integran –até o Brexit– a Unión Europea, supón un paso que se revela decisivo para avanzaren rumo a unha unión efectiva no ámbito da Defensa. Só fican fóra dese proceso o Reino Unido, en plena operación de saída do clube comunitario, Dinamarca, Portugal, Irlanda e Malta. Malia que a ministra de defensa de Alemaña, Ursula von der Leyen, celebrou o acordo chegando a afirmar que “unhas forzas armadas en común é un dos principios básicos da Comunidade Europea”, o preconizado “exército europeo” está, inda, lonxe de se materializar.

A PESCO aposta nunha articulación e coordenación máis estreita das forzas e capacidades militares en Europa. Un esforzo que -malia se desenvolver sen a tutela dos EUA- non só non suporá ningún tipo de distanciamento coa OTAN, senón que aposta no fortalecemento da Alianza Atlántica servindo como un facilitador para a estratexia militar de Washington. 

 

No momento mesmo da sinatura do plan que estabelecía a PESCO, realizada o pasado 23 de decembro, os 23 Estados que fan parte dela fixeron un claro esforzo por deixar patente que esta cooperación militar europea non se pode ler en chave de contradición coa OTAN, alianza en que están integrados 22 dos 28 Estados da Unión Europea. Moi ao  contrario. Ao ser preguntado por se a PESCO podería enfraquecer a Alianza Atlántica, o presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, expresouse taxativo:

“É o contrario. Unha defensa europea forte reforza a OTAN. Non só é unha boa noticia para nós, senón tamén para os nosos aliados e unha má noticia para os nosos inimigos”. En palabras da ministra de Defensa do Goberno español, María Dolores de Cospedal, a PESCO “debe permitir que Europa ofereza todas as súas capacidades para a defensa dos cidadáns europeos”, subliñando que debe facerse “en colaboración coa OTAN”.

[A reportaxe, unha dupla páxina, aparece no Sermos279, disponíbel na nosa loxa e tamén nos pontos de venda habituais]

Comentarios