Pesar polo falecemento do ex futbolista e comentarista Michael Robinson

michael robinson

O ex-futbolista e comentarista Michael Robinson (Leicester, Inglaterra, 1958) morreu esta terza feira após unha longa loita contra o cancro, quelle fora diagnisticado a finais de 2018. Foi a súa propia familia quen deu a noticia a través das redes sociais:

Xogou de dianteiro centro. O seu debut profesional fíxoo no Preston North End con 17 anos, pero o equipo no que destacou foi o Liverpool, onde gañaría un triplete (Liga, Copa da Liga e Champions) na temporada 1984-84. Robinson rematou a súa carreira na Liga española, no Osasuna.

A partir de aí comezou a súa carreira de comentarista de fútbol en diferentes programas, marcados polo seu bo xorne, o humor e o gran coñecemento que tiña deste deporte. Todo adobado co seu sotaque británico.

O seu labor xornalístico foi recoñecido con dous Premios Ondas e cun Premio Internacional Vázquez Montalbán.

Persoa orgulloso das súas orixes na clase obreira, nunca ocultou as súas simpatías polo laborismo, como tampouco agochou a súa animadversión porlíderes conservadores como Margareth Thatcher, ou polo Brexit. 

Clubs galegos como o Celta e o Deportivo expresaron nas redes o seu pesar polo falecemento de Robinson.

Comentarios