Perto de 30 identificados polo asasinato do presidente haitiano Jovenel Moise

En medio da crise do país, que vén de incrementarse nos últimos días, continúan as investigacións sobre quen puido encargar o crime. As autoridades pensan que os dous americanos e os 26 colombianos arrestados, aínda coa presunción de inocencia, tiveron que ser contratados para matar Moise. Ante o descontrol, Haití pide a intervención de tropas da ONU e dos EUA.
Unha manifestación contra o que era presidente haitiano Jovenel Moise. (Foto: Richard Tson-Taatarii / Zuma Press / Contactophot) #haití #asasinato #manifestación #crise #joveselmoise
photo_camera Unha manifestación contra o que era presidente haitiano Jovenel Moise. (Foto: Richard Tson-Taatarii / Zuma Press / Contactophot)

A situación de crise en Haití após do asasinato do seu presidente, Jovenel Moise, segue a complicarse. Após deter a 28 persoas supostamente relacionadas co crime, desde o Estado solicitan á Organización das Nacións Unidas que envíe tropas militares para evitar posíbeis atentados. As autoridades do país pensan que as persoas mercenarias tamén poderían estar contratadas para atentar contra infraestruturas básicas.

O pobo haitiano demanda axuda á comunidade internacional, sexa a través da ONU ou nunha actuación dos EUA, para controlar posíbeis ataques a puntos estratéxicos como os aeroportos e os portos.

Neste sentido, demandan o envío de militares para axudar após a crise que desatou o asasinato de Moise, que non fai máis que acrecentar os problemas nun lugar no que nin tan sequera está en marcha a vacinación contra o coronavirus.

"Os mercenarios poderían destruír algunha infraestrutura", incidiu o ministro de eleccións, que aínda non obtivo unha resposta da ONU pero si do Executivo estadounidense, que vai enviar efectivos do FBI.

O mandatario fala de mercenarios porque, após identificadas 28 persoas pola posíbel vinculación coa morte de Jovenel Moise nunha acción armado contra a súa residencia -dous americanos e 26 colombianos, algúns deles fuxidos, segundo informou a canle 24 horas de RTVE este sábado, malia que outros medios fornecen outras cifras de implicados- dáse por feito que o asasinato foi un encargo e os agresores cumprían ordes.

De feito, as forzas de seguridade traballan cos seus medios para dar coa persoa ou persoas que encargaron matar o presidente.

Con independencia de que se intente esclarecer o suceso, o magnicidio levou a dúas vertentes a loitar como cargo de primeiro ministro que está en xogo entre pero de momento a inseguridade e a inquedanza da poboación son as que están a mandar no día a día do país. A situación política é complexa xa que Moise tiña nomeado Ariel Henry como novo primeiro ministro antes da súa morte, pero o seu predecesor Claude Joseph mantense no cargo após declarar o estado de sitio.

Comentarios