venres 03/12/21

As persoas refuxiadas en Lesbos, indefensas fronte ao coronavirus

A UE anunciou un programa temporal para abonar 2.000 euros por cabeza para que marchen, mentres que a extrema dereita aproveita crise pola COVID-19 para pedir fronteiras máis estritas.
21 January 2020, Greece, Lesbos: Migrants sit near a small fire to warm themselves in a temporary camp next to Moria refugee camp. The camps on the islands of Lesbos, Samos, Chios, Kos and Leros are completely overcrowded. Photo: Angelos Tzortzinis/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

21 January 2020, Greece, Lesbos: Migrants sit near a small fire to warm themselves in a temporary camp next to Moria refugee camp. The camps on the islands of Lesbos, Samos, Chios, Kos and Leros are completely overcrowded. Photo: Angelos Tzortzinis/dpa
  (Foto de ARCHIVO)

1/21/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
As condicións no campo de Moria, en Lesbos, son críticas (Angelos Tzortzinis / dpa)

A alarma saltou o pasado domingo cando se confirmou o primeiro caso de contaxio de coronavirus na illa grega de Lesbos, onde se amorean ducias de miles de persoas refuxiadas, tanto no campamento de Moria como nos montes de arredor. A Comisión Europea apresurouse a asegurar que non se rexistrara ningún caso de coronavirus entre as persoas que agardan na fronteira.

A expansión polo mundo do virus e da enfermidade que provoca, a COVID-19, podería ter consecuencias catastróficas nos campamentos de persoas refuxiadas, onde as condicións de insalubridade son un caldo de cultivo para calquera infección vírica ou bacteriana.

Neste sentido, Médicos Sen Fronteiras (MSF) subliñou onte nun comunicado que a evacuación dos cinco centros das illas gregas é "máis urxente que nunca", dada a atención médica "enormemente limitada".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

As persoas refuxiadas en Lesbos, indefensas fronte ao coronavirus
comentarios