Oito persoas mortas nun atentado en Manhattan, Nova York

O condutor dunha furgoneta atropelou ducias de persoas. Está detido e a policía afirman que atopou no vehículo unha nota na que di actuar en nome de Daesh. O alcalde da cidade fala de “acto de terrorismo covarde”.

DNfcsF7UEAAMSOh

Un atentado no centro de Nova York causou esta segunda feira oito mortos e un número non determinado de feridos. Os feitos rexistráronse no suroeste da illa de Manhattan, cando un descoñecido atropelou co seu vehículo a varias persoas que se atopaban no lugar, algunhas delas nun carril para bicicletas perto da beira do río Hudson. 

O atacante, detido após un tiroteo da policía, foi identificado como Sayfullo Saipov, un hombre de 29 años procedente de Uzbequistán. Algunhas testemuñas aseguran que o autor do atentado berrou "Alá é grande" antes de ser detido.Unha fonte ligada á investigación adiantou á CNN que fora encontrada unha nota do condutor dentro da furgoneta na que se sinalaba que actuou en nome do Daesh.

O alcalde de Nova York, Bill de Blasio, cualificou os feitos como unha "horríbel traxedia", un "covarde acto de terrorismo" que causou a morte de oito "inocentes", agregou o alcalde.     

Comentarios