Seis persoas mortas por inundacións e riadas no leste da Península Ibérica

A gota fría que padece o leste da Península Ibérica coborouse xa seis vítimas. A última, un home de 41 anos en Orihuela (Alacant, País Valencià) achado na pedanía da Matanza xusto despois dun episodio de fortes chuvias.
imaxe murcia @unascensoa2B
photo_camera Imaxe dunha estrada en Murcia este 14 de setembro. Foto: @unascensoa2B

Inundacións e riadas sucédense desde hai varios días no País Valencià, en Murcia, no leste de Castela A Mancha ou nas provincias orientais de Andalucía. As dúas primeiras persoas mortas foron en Caudete (Albacete, Castela A Mancha), arrastradas no seu coche pola forza da auga. A sexta feira atopouse un home afogado nun paso subterráneo en Almería e outro tamén en Orihuela. En Baza (Granada, Andalucía) morreu un home de 36 anos.

O presidente en funcións do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, desprazouse este sábado 14 de setembro á zona e asegurou que o Executivo “non deixará soa” a veciñanza afectada.

Comentarios