O Pentágono publica tres vídeos de "fenómenos voantes non identificados"

Son gravacións que xa circulaban, sen autorización, desde 2007 e 2017, respectivamente.

ovni

O Departamento de Defensa dos Estados Unidos publicou oficialmente nesta segunda feira, 28 de abril, (madrugada da terza, na Galiza) vídeos que xa circulan, sen autorización, desde 2007 e 2017, respectivamente

Nos vídeos, un gravado en novembro de 2004 e os outros dous en xaneiro de 2015, mostran o que parecen ser obxectos voantes non identificados (OVNI, en galego; UFO, en inglés) que se moven rapidamente no caso dun destes, mentres son gravados por cámaras de infravermellos.

Segundo o comunicado do Goberno, "tras unha revisión exhaustiva", decidiuse facer públicos os vídeos porque "non revelan capacidades ou sistemas sensíbeis e non afectan as investigacións posteriores de incursións no espazo aéreo militar de fenómenos voadores non identificados".

O Pentágono precisou ademais que tamén serve para "aclarar calquera idea errónea" sobre se as gravacións que estiveron circulando eran reais ou non ou se hai máis imaxes nos vídeos.

Comentarios