Os nacionalismos, decisivos para a gobernabilidade

Pedro Sánchez pisa o acelerador da investidura

Arranca a década coa inminente investidura de Pedro Sánchez. A falta dunha maioría absoluta favorábel ao líder do PSOE, previsibelmente será a segunda votación, en 7 de xaneiro, a que permita a Sánchez recuncar na presidencia e inaugurar o primeiro Goberno de coalición do Estado desde a II República española. 
O PSOE e Unidas Podemos apresentaron esta semana o programa de Goberno (Imaxe Europa Press)
photo_camera O PSOE e Unidas Podemos apresentaron esta semana o programa de Goberno (Imaxe: Europa Press)

O novo ano chegou coa convocatoria da sesión de investidura, que se desenvolverá no Congreso os días 4, 5 e 7 de xaneiro. O PSOE quixo de novo pisar o acelerador e apresentou xa o programa de Goberno con Unidas Podemos. Con todo, o líder do Partido Socialista, Pedro Sánchez, terá que someterse a unha segunda votación na Cámara Baixa, o 7 de xaneiro, ao non contar cos apoios necesarios para obter maioría absoluta o día 5. Na repetición da elección, bastaralle con ter máis votos a favor que en contra e aí é onde as forzas nacionalistas serán decisivas.

De feito, é na tarde da quinta feira, 2 de xaneiro, cando o Consell Nacional de Esquerra Republicana de Catalunya ten previsto decidir se a formación soberanista se abstén para facilitar que Sánchez logre a presidencia. Ademais, entre os días 2 e 3 de xaneiro a militancia de Euskal Herria Bildu votará a proposta da dirección da esquerda abertzale de tamén absterse.

No Bloque sitúanse lonxe de votar favorabelmente a Sánchez e agardan concrecións e compromisos do PSOE coa 'axenda galega' para mudar de posición. Mentres, outras forzas nacionalistas e territoriais decidirán antes do día 5 o sentido do seu voto. No 'si' atópase o PNV, que xa pactou co PSOE a investidura e Más País. Quen se sitúan no voto en contra son Junts, a CUP, PP, Ciudadanos, Vox, Foro Asturias e UPN.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario.

Comentarios