venres 07/08/20

Pedro Sánchez, elixido presidente do Goberno español por unha marxe de dous votos

O candidato socialista logrou 167 votos a favor por 165 en contra e 18 abstencións. 
Sánchez posa para os medios gráficos após a súa elección como presidente español (Congreso)
Sánchez posa para os medios gráficos após a súa elección como presidente español (Congreso)

Á segunda foi a vencida e o que non logrou este domingo -precisaba maioría absoluta- conseguiuno esta terza feira -abondaba ter máis votos a favor que en contra-: Pedro Sánchez é presidente do Estado español. Logrouno grazas aos apoios non só do seu partido, PSOE, e socias de coalición, Unidas Podemos, senón tamén aos votos a favor ou abstención de diferentes forzas de esquerdas e soberanistas, do BNG a ERC ou Bildu, de Compromís a Más País ou Teruel Existe, entre outros.

O debate de investidura desta terza feira, sen acadar o nivel de tensión do domingo, tamén reflectiu como a dereita quer deixar claro desde o minuto cero que considera este Goberno ilexítimo e supeditado a todo tipo de concesións e chantaxes: de ‘etarras’, de ‘golpistas’, de ‘bolivarianos’, de ‘separatistas’... 

O medo á pantasma do transfuguismo percorreu as paredes do Congreso desde que o domingo se clarificaran as contas de Pedro Sánchez para a investidura, pois o candidato á Presidencia do Estado apresentáse cunha vantaxe de apoios de tan só 2 votos (167 a favor fronte 165 en contra). Con que só unha ou un representante que se prevé nas bancadas do ‘si’ mude polo ‘non’, daríase un empate e, por tanto, unha nova falida sesión de investidura. A esa posíbel sorpresa de última hora é a que se aferraban no PP, Vox e Ciudadanos para que Sánchez non recunque na Presidencia.

Tamén a denominada ‘brunete mediática’, que nestas 48 horas enfatizou todo tipo de mensaxes catastrofistas e situou como responsábeis da ‘desfeita’ dun goberno ‘rojoseparatista’ a todas as que non comungar cos seus postulados do que ten que ser o Estado español. E iso levou ao que levou, desde ameazas a deputado de Teruel Existe até insultos a parlamentares socialistas ou mesmo chamadas a ‘boicot’ de produtos da Galiza.

Finalmente, a votación esclareceu o escenario. 167 vostoa  favor, 165 en contra e 18 abstencións. Pedro Sánchez, con este resultado, é eleito novo presidente do estado español.

comentarios