O PDeCAT ve un "ánimo de vinganza" na sentenza do Supremo contra Torra

O voceiro da formación política, Marc Solsona, entende que a decisión é "inxusta, anómala" e, mesmo, "desproporcionada". Por iso, participará das accións de protesta que xa foron anunciadas.
EuropaPress_3298706_portavoz_pdecat_marc_solsona
photo_camera O voceiro do partido, Marc Solsona. (Foto: Europa Press)

O voceiro do PDeCAT, Marc Solsona, vén de rexeitar a decisión de inhabilitar ao presidente da Generalitat, Quim Torra, para a política activa. O político catalán suxire que este anuncio do Tribunal Supremo ten un "ánimo de vinganza" por parte da xustiza estatal.

Na súa opinión, a sentenza comunicada esta mañá é "inxusta, anómala e desproporcionada".

Desde o seu punto de vista, o sucedido non representa unha forma na que poida ser tratada unha institución pública como a Generalitat. Tampouco unha decisión acorde ao respeto ao seu presidente, o Parlamento e á cidadanía catalá en xeral.

"Todo o apoio a Torra, e a todos os represalidados polo seu compromiso político", defendeu Solsona. Neste sentido advertiu que a loita no marco deste proceso non finaliza coa sentenza do Supremo.

"Faremos o que sexa necesario para saír desta parálise política e de vulneración de dereitos", subliñou, a modo de aviso.

Así mesmo, o representante da formación abogou pola necesidade de fornecer unha resposta común ante "a anomalía democrática" que implica a inhabilitación de Torra. Ao fío desta afirmación, demandou voz para participar nas negociacións que se fan con formacións independentistas do país.

"O PDeCAT está para colaborar, para sumar, e para defender ás institucións catalás", subliñou, ao tempo que anunciou que estarán nas protestas pola decisión da Xustiza do estado español.

Comentarios