O Partido do Traballo de Corea convoca o seu Congreso após 36 anos do último

"O órgao supremo do partido" determinará os principios ideolóxicos e as estratexias políticas e económicas para os vindeiros anos. 

Kim Jong-un
photo_camera Kim Jong-un nun acto militar

O último Congreso do Partido dos Traballo de Corea tivo lugar en 1980 cando foi elixido dirixente do mesmo, Kim Jong-il pai do actual líder, Kim Jong-un quen nen sequera nacera cando foi convocado. Kim Jong-un asumiu a secretaría xeral do mesmo e a xefatura do estado en 2011. Así as cousas, en 2010 tivo lugar unha Conferencia Política após 30 anos da última. 

Corea do Norte atópase en 'Estado de guerra' desde 2013

O Congreso comezará o 6 de maio en Pyogyang e podería prolongarse durante tres ou catro días. No encontro analizaranse os informes elaborados polo Comité Central e deseñarase o relatorio ideolóxico e  a estratexia política e económica para o vindeiro período para alén de se elixir as persoas que comporán o Comité Central. Farán parte do Congreso persoas delegadas e observadoras eleitas polas asembleas das provincias e cidades coreanas. Na última ocasión participaron por volta de 3 mil persoas. 

Desde 2013 Corea do Norte atópase en 'Estado de guerra' e nos últimos meses desenvolveron distintas probas nucleares xunto co lanzamento dun mísil de longo alcance o que lle carrexou a imposición de sancións económicas por parte do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. 

Comentarios