Os partidarios do Estado propio superan os detractores en Euskal Herria

Seis de cada dez persoas considera que viviría mellor de producirse este escenario, segundo unha enquisa publicada por GARA con motivo do Día da Patria Vasca. 


Os partidarios dun Estado propio en Euskal Herria superan aos detractores. O 40% da poboación móstrase a favor deste escenario, mentres que a percepción de que vivirían mellor ou igual ten o respaldo do 57,2%, segundo unha enquisa publicada por GARA. Só dous de cada dez cre que viviría peor.

Tamén é maioritario o apoio ao dereito a decidir, que secunda o 66,8% das persoas preguntadas. Estas son algunhas das conclusións do estudo realizado polo diario co grupo Parte Hartuz e a fundación Ipar Hegoa, que realizou 2.001 enquisas en todo o país, que celebra este domingo o Aberri Eguna, o Día da Patria Vasca. 

O 66,8% da poboación está a favor do dereito a decidir, segundo a enquisa.

Por idades, o apoio a un Estado vasco/navarro conta co respaldo da mocidade. Só unha cuarta parte das persoas entre 18 e 34 anos situase en contra do Estado propio. A relación invértese entre os maiores de 55, onde o non é maioritario, mais en menor medida que en anteriores sondaxes. Unha posición que defende o 35% da poboación de Euskal Herria.

ETA reivindica a vixencia do independentismo 

Con motivo do Aberri Eguna, Euskadi Ta Askatasuna (ETA) manifestou a vixencia do proceso independentista. “Euskal Herria non só sigue viva, senón que se encontra ante un reto histórico para dar pasos decisivos cara a liberdade”, aseguran nun comunicado remitido a GARA, onde destacan os prexuízos cada vez máis evidentes” da subordinación de Euskal Herria.

Sinalan as políticas de represión dos estados español e francés que, din, “recorreron a todo para acabar co noso pobo”. Tamén advirten de determinados axentes vascos, “unha elite política e económica”, queren frear o proceso de cambio no país. 

 

Comentarios