Os partidarios dun Estado propio en Euskal Herria superan aos detractores. O 40% da poboación móstrase a favor deste escenario, mentres que a percepción de que vivirían mellor ou igual ten o respaldo do 57,2%, segundo unha enquisa publicada por GARA. Só dous de cada dez cre que viviría peor.
Tamén é maioritario o apoio ao dereito a decidir, que secunda o 66,8% das persoas preguntadas. Estas son algunhas das conclusións do estudo realizado polo diario co grupo Parte Hartuz e a fundación Ipar Hegoa, que realizou 2.001 enquisas en todo o país, que celebra este domingo o Aberri Eguna, o Día da Patria Vasca.
O 66,8% da poboación está a favor do dereito a decidir, segundo a enquisa.
Por idades, o apoio a un Estado vasco/navarro conta co respaldo da mocidade. Só unha cuarta parte das persoas entre 18 e 34 anos situase en contra do Estado propio. A relación invértese entre os maiores de 55, onde o non é maioritario, mais en menor medida que en anteriores sondaxes. Unha posición que defende o 35% da poboación de Euskal Herria.
ETA reivindica a vixencia do independentismo
Con motivo do Aberri Eguna, Euskadi Ta Askatasuna (ETA) manifestou a vixencia do proceso independentista. “Euskal Herria non só sigue viva, senón que se encontra ante un reto histórico para dar pasos decisivos cara a liberdade”, aseguran nun comunicado remitido a GARA, onde destacan os prexuízos cada vez máis evidentes” da subordinación de Euskal Herria.
Sinalan as políticas de represión dos estados español e francés que, din, “recorreron a todo para acabar co noso pobo”. Tamén advirten de determinados axentes vascos, “unha elite política e económica”, queren frear o proceso de cambio no país.