O parlamento de Finlandia debaterá en 2016 a saída do euro

Máis de 50.000 sinaturas apoiaron unha iniciativa pública pedindo que a Cámara finesa trate a conveniencia ou non de abandonar a moeda e recuperar o marco.

Parlamento finlandia
photo_camera Parlamento finés

O Parlamento finés vai debater o vindeiro ano a posíbel saída do país do euro, un tema que chega á axenda política após máis de 50.000 persoas asinar unha iniciativa solicitando á cámara lexislativa nórdica que tratase a cuestión. “Haberá unha comprobación de sinaturas ao inicio de 2016 e realizarase un debate parlamentar nos seguintes meses”, dixo Maija-Leena Paavola, responsábel de tramitación do Parlamento.

A petición chega nun momento en que hai un descenso – segundo o Eurobarómetro- no apoio dos fineses ao euro: 5 puntos menos que hai un ano. Ora ben, o nivel de respaldo dos cidadáns de Finlandia á moeda segue a ser moi alto: 64%.

Finlandia é o que peor comportamento económico amosa entre os países nórdicos. No terceiro trimestre deste ano a economía caeu nun 0,6 por cento

A veciña Suecia

Hai sectores que consideran que a volta ao marco finés dotaría ao país dunha ferramenta fulcral para un outro deseño económico e a volta ao medre, apontando cara o que fai a veciña Suecia, que se mantén á marxe do euro, abrindo así a posibilidade de devaluar. Un estudo realizado por 'EuroThinkTank' di que saír do euro e volver ao marco finés tería un custo de 20.000 millóns de euros, se ben tamén afirma que a longo prazo “tería sentido”.

Comentarios