O Parlamento escocés pide un novo referendo sobre a independencia

EuropaPress_2475238_08_November_2019_Edinburgh_Nicola_Sturgeon
photo_camera (Europa Press)

O Parlamento de Escocia aprobou esta cuarta feira unha moción pola que se insta o Goberno do Reino Unido a permitir a convocatoria dun novo referendo de independencia, alegando que houbo nestes meses “un cambio material nas circunstancias desde 2014”, cando a maioría dos escoceses e escocesas votou en contra de se independizar de Londres.

A moción pide ao Goberno británico que acade un acordo co Executivo escocés para negociar un referendo que permita expresarse á sociedade escocesa. A data da votación e a organización da consulta sería competencia do Parlamento escocés. Desde o Goberno de Nicola Sturgeon proponse que sexa para final de ano.

A moción foi apoiada polo independentista SNP e Os Verdes. O texto recoñece “o dereito soberano do pobo escocés a determinar a forma de gobernó que mellor se adapte ás súas necesidades”, xa que se produciu “un cambio material nas circunstancias desde 2014”, en referencia ao Brexit, apoiado por Inglaterra mais rexeitado en urna polos escoceses e escocesas.

Comentarios