Saída da Unión Europea

O parlamento británico bloquea un brexit duro

A Cámara dos Comúns aproba unha resolución pola que ata o goberno británico a solicitar unha nova prórroga para a súa saída da UE.  

Londres
photo_camera Londres

A resolución política que vén de aprobar o parlamento británico por tan só un voto de diferenza pecha a porta a que o Reino Unido poida abandonar a Unión Europea sen mediar un acordo previo.

A Cámara dos Lores deberá someter a votación a resolución parlamentaria e, de ser aprobada, o Reino Unido deberá solicitar máis unha prórroga para poder efectivizar o brexit. A esperas da decisión que tome a Cámara dos Lores, polo de agora fica descartada a posibilidade dun brexit duro.

A votación efectuada esta cuarta feira na Cámara dos Comúns chega despois do fracaso colleitado polo goberno nas anteriores votacións, como nas do pasado un de abril no Parlamento. Stephen Barclay, ministro para a saída da Unión Europea, valorou o pasado un de abril a incapacidade do Parlamento para artellar unha maioría que posibilite o brexit. De feito, nesa sesión foron rexeitadas por moi poucos votos de diferenza tanto a proposta de creación dunha unión alfandegueira coa Unión Europea, como a proposta para unha unión alfandegueira permanente e ampla, así como as propostas de instalar o denominado “modelo Noruega” e a  realización dun segundo referendo.

Comentarios