O Parlament recorrerá o 155 ante o Constitucional

parlament catalunya

A presentación do recurso tivo os votos a favor de Junts pel Si e Catalunya si que es Por; votando en contra PP, Ciudadanos e PSC. A CUP abstívose.

O goberno español sobrepasou o ordenamento xurídico para aplicar o artigo 155 contra o autogoberno catalán. Esta é a conclusión da maioría do Parlament, reunido esta cuarta feira en deputación permanente. O parlament decidiu interpoñer un recurso ao Tribunal Constitucional contra a aplicación do 155. O recurso tramitouse con 11 votos a favor, 7 en contra e 1 abstención.

Os grupos que votaron a favor son Junts pel Si e Catalunya si que es Por e baseáronse para iso no ditame do Consell de Garanties Estatutàries (CGE), que considera desproporcionada a disolución do Parlament e o cesamento do Govern.

En contra posicionáronse Ciudadanos, PSC, PP argumentaron que a actuación do goberno catalán non deixaba outra saída. A CUP abstívose porque non recoñece a autoridade do Constitucional. 

Comentarios