Manifesto

'Paremos o golpe de Estado en Bolivia'

Máis dun cento de economistas, historiadoras, labregas, docentes, políticas e escritoras da Galiza e doutros territorios do Estado asinan o manifesto ‘Paremos o golpe de Estado en Bolivia’. 25 persoas faleceron no país após a dimisión de Evo Morales a causa da represión das forzas militares e policiais.
bolivia represion manifesto golpe de estado
photo_camera Máis un cento de persoas asinan contra un golpe de Estado represor e ditatorial.

O manifesto comeza cos últimos datos achegados pola Defensoría del Pueblo de Bolivia. “A represión levada a cabo polos que asaltaron o poder democrático en Bolivia causou até o momento 25 mortos”.

Aos últimos nove rexistrados, tiroteados na cabeza e no tórax, “hai que sumar dous máis no lugar de Sacaba, na rexión de Cochabamba, ao atacar a policía e o exército unha marcha pacífica de produtores de coca cara a capital do país, La Paz”.

Ademais, escriben, os feridos -moitos deles graves- e as persoas detidas ou desaparecidas cóntanse por centos.

Golpe represor e ditatorial

“A realidade que se están a vivir en Bolivia, Ecuador, Chile, Haití ou Honduras, fainos retroceder á antesala dos peores tempos que se viviron naquela área do mundo, nas década dos 70 e os 80 do século XX”, apuntan, “a partir dos plans perpetrados desde a coñecida 'Escuela de las Américas'”.

Segundo din, “segue a funcionar noutra localización baixo o nome de 'Instituto del Hemisferio Occidental para la Cooperación en Seguridad', ao servizo do dominio norteamericano de Latinoamérica”.

Defensa da soberanía dos pobos

As asinantes do manifesto Paremos o golpe de estado en Bolivia aseguran que denunciar a natureza “represora e ditatorial do golpe de Estado en Bolivia” é un “imperativo ético e, ao tempo, unha enérxica acción na defensa das liberdades e da soberanía dos pobos”.

En consecuencia, din, “rexeitamos o recoñecemento do autoproclamado goberno de Áñez por parte dos Estados Unidos de América (EUA), Brasil e a UE e prememos a Comunidade Internacional para que actúe de contado e deteña esta barbarie”.

Asinantes

Entre as asinantes figuran profesionais da xustiza, da administración, do ensino e do mundo editorial; catedráticas, xubiladas, sindicalistas e feministas; políticas e investigadoras da Galiza, Catalunya e Euskadi, ademais doutros territorios do Estado, da Arxentina e dos EUA. Algúns nomes de persoas que asinaron o manifesto:

Ana Miranda, portavoz BNG en Europa

Paulo Carril, secretario xeral da CIG

 Gorka Knorr, cantautor e político vasco

Xosé M. Núñez Seixas, historiador

Justo Beramendi, historiador

Paula Godinho , profesora Universidade Nova de Lisboa

Xurxo Borrazás, escritor.

Xosé Manuel Pereiro, xornalista.

Suso de Toro, escritor.

Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario.

Eliseo Fernández, historiador.

Xosé Luis Santos Cabanas, escritor e funcionario.

Lola Varela, docente.

Dionísio Pereira, historiador.

Eliseu Carbonell, antropólogo, Catalunya.

Hernán Díaz, profesor universitario e historiador, Arxentina.

Emilio Xosé Insua, profesor e historiador.

Manuel Monge, escritor e activista.

Gonzalo Amoedo, pensionista.

Joam Lopes Facal, economista e escritor.

Antonio Pérez, antropólogo, Extremadura.

Manuel Pérez Lorenzo, historiador.

Xosé Ramón Ermida, investigador.

Carlos Velasco Souto, profesor UDC e historiador.

Lourenzo Fernández Prieto, profesor USC e historiador.

Braulio Amaro, activista social.

Xerardo Dasairas, investigador.

Olga Novo, escritora e profesora.

Xosé Álvarez Castro, profesor xubilado.

Darío Xohán Cabana, escritor.

Xavier Campos, xestor cultural e responsábel comunicación BNG.

Xosé Enrique Acuña, editor.

Héitor Picallo, escritor e ilustrador.

Xabier Pérez Dávila, economista.

Serafín Otero, responsábel local BNG Vigo.

Comentarios