O Papa Francisco recibe no Vaticano o sociólogo Ramón Grosfoguel

"O seu compromiso pola xustiza social e a descolonización do mundo é incuestionábel", afirma o tamén colaborador de 'Nós Diario'.
O Papa Francisco e Ramón Grosfoguel, esta segunda feira, no Vaticano. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O Papa Francisco e Ramón Grosfoguel, esta segunda feira, no Vaticano. (Foto: Nós Diario)

Após unha estadía dunha semana na residencia do máximo responsábel da Igrexa católica na Cidade do Vaticano, o sociólogo portorriqueño e colaborador asiduo de Nós Diario Ramón Grosfoguel despediuse esta segunda feira do Papa Francisco, con quen puido conversar nas últimas horas.

"O seu compromiso pola xustiza social e a descolonización do mundo é incuestionábel", valorou ao remate do encontro Grosfoguel, que na actualidade exerce como profesor da Universidade de California en Berkeley (EUA), após cursar os seus estudos na Universidade de Porto Rico.

Ramón Grosfoguel é un dos principais defensores dos procesos de descolonización en América e é experto tamén en cuestións relacionadas co racismo e as migracións internacionais. Mensualmente participa da sección de Análise de Nós Diario achegando a súa visión sobre diferentes cuestións de política internacional.

Comentarios