A pandemia mundial deixa 1,8 millóns de mortes

Fecha o ano 2020 con máis de 82,7 millóns de contaxios.
Vacinación contra a Covid-19 en Arxentina (Ruben Paratore / Telam / Dpa)
photo_camera Vacinación contra a Covid-19 en Arxentina (Ruben Paratore / Telam / Dpa)

A pandemia de coronavirus fecha 2020 superando o limiar das 1,8 millóns de vítimas mortais cun total de casos acumulados por enriba dos 82,7 millóns, segundo os últimos datos publicados pola Universidade Johns Hopkins. O informe sinala que os totais ascenden a 82.777.305 contaxios e 1.806.155 vítimas mortais, mentres que 46.789.204 persoas recuperáronse até a data da Covid-19.

EUA foi o país máis afectado en cifras totais, con 19.744.734 casos e 342.395 persoas falecidas, seguido por India, con 10.266.674 casos e 148.738 mortes, e Brasil, con 7.619.200 casos e 193.875 persoas falecidas. Rusia, cuarto país con máis contaxios, con 3.127.347, confirmou 56.271 decesos.

A listaxe continúa con Francia con 2.657.624 contaxios e 64.508 falecidos, seguido por Reino Unido, con 2.389.963 positivos e 72.657 vítimas mortais. Séguelles Turquía, con 2.178.580 casos e 20.642 falecidos, e Italia, con 2.083.689 contaxios e 73.604 mortes. Despois virían o Estado español (1.910.218), Alemaña (1.741.153), Colombia (1.626.461), Arxentina (1.613.928), México (1.413.935), Polonia (1.281.414), Irán (1.218.753), Ucraína (1.086.997), Sudáfrica (1.039.161) e Perú (1.010.496).

Entre os 500.000 e o millósn de contaxios están Países Baixos, Indonesia, República Checa, Bélxica, Romanía, Chile, Iraq, Canadá e Bangladesh, mentres que Paquistán, Filipinas, Suíza, Marrocos, Suecia, Israel e Portugal superaron a barreira dos 400.000 casos.

Así mesmo, no arco dos 300.000 casos figuran Arabia Saudita, Austria, Serbia e Hungría, mentres que no dos 200.000 están Xordania, Nepal, Panamá, Xapón, Xeorxia, Acerbaixán, Ecuador, Croacia,  Emiratos Árabes Unidos, Bulgaria e Casaquistán.

Por enriba dos 100.000 positivos atópanse Bielorrusia, Líbano, Eslovaquia, República Dominicana, Costa Rica, Dinamarca, Armenia, Bolivia, Kuwait, Qatar, Moldavia, Lituania, Grecia, Tunes, Guatemala, Territorios Ocupados Palestinos, Exipto, Omán, Etiopía, Birmania, Honduras, Eslovenia, Venezuela, Bosnia e Hercegovina, Malaisia e Paraguai.

China, o país no que se orixinou a pandemia, contabiliza 95.876 persoas contaxiadas e 4.791 vítimas mortais.

Comentarios