Palestina: Reconciliación contra a anexión

Despois de 13 anos de división interna, que comezou en 2007 coa asunción do poder na Faixa por parte de Hamas e o enfrontamento armado con Fatah, levando á separación de facto entre Gaza e Cisxordania, as dúas faccións palestinas anunciaron un histórico pacto para facer fronte ao inimigo común: Israel e a anexión.
01 July 2020, Palestinian Territories, Gaza City: Palestinians take part in the "Day of Rage" demonstration to protest against the Israeli annexation plan that will occupy about 30 percent of the West Bank area. The annexation plan would give Israel control over the controversial Jewish settlements in the West Bank and the strategic Jordan Valley. Photo: Mohammed Talatene/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

01 July 2020, Palestinian Territories, Gaza City: Palestinians take part in the "Day of Rage" demonstration to protest against the Israeli annexation plan that will occupy about 30 percent of the West Bank area. The annexation plan would give Israel control over the controversial Jewish settlements in the West Bank and the strategic Jordan Valley. Photo: Mohammed Talatene/dpa

1/7/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Concentración convocada por Hamas na Cidade de Gaza a pasada cuarta feira, 1 de xullo, día previsto para o inicio do proceso de anexión (Mohammed Talatene / dpa)

Os dous grupos rivais en Palestina, Fatah e Hamas, anunciaron nas últimas horas que unificarán posicións contra o plan de anexión israelí de parte de Cisxordania, nun movemento histórico, informou a axencia de noticias WAFA.

Jibril Rajoub, membro do Comité Central de Fatah, e Salah Al Aruri, líder do politburó de Hamas, realizaron o anuncio nunha inédita conferencia de prensa conxunta organizada telematicamente desde Ramala, en Cisxordania, e desde Beirut, capital do Líbano.

"Acordamos traballar conxuntamente para desenvolver os instrumentos de unificación das nosas posicións para facermos fronte ao plan de anexión israelí", sinalou Rajoub, con base na "confirmación de que somos un pobo que vive nunha patria e ten unha causa, un Estado soberano e un dereito á autodeterminación", indicou o mandatario.

Tamén dixo que "decidimos acordar os mecanismos para organizar as eleccións xerais palestinas, respectando os resultados e dando as costas ao pasado", referíndose aos 13 anos de división palestina interna que comezou en 2007 coa asunción do poder por Hamas na Faixa de Gaza e que levou á separación de facto entre os dous territorios palestinos. 

Durante este tempo, ao enfrontamento co Goberno de Israel sumouse o intrapalestino entre faccións, así como unha progresiva desafección e perda de apoio popular nas rúas tanto en Gaza como en Cisxordania.  

O alto funcionario de Fatah pediu pasar páxina do pasado e abrir unha nova de relacións internas. A unidade ─dixo─ serve "aos intereses nacionais do noso pobo", un paso que "o pobo palestino levaba tempo agardando".

En tanto, Al Aruri manifestou que existe "unha oportunidade de ouro para comezar unha nova etapa e apoiar a estratexia do pobo palestino nunha situación tan crucial para facer fronte ao plan de anexión de Israel".

"A anexión israelí anula a solución política dos dous Estados e, polo tanto, non haberá posibilidade de estabelecer un Estado palestino constante entre Cisxordania e a Faixa de Gaza", dixo, e asegurou que a súa organización apoia todas as medidas políticas e legais que a Autoridade Nacional Palestina (ANP) está a desenvolver neste sentido. "É un dereito lexítimo resistir a ocupación", afirmou.

Tamén Jibril Rajoub considerou que "a anexión será a bala que mate a solución dos dous Estados", mentres que Al Aruri comparou o actual clima político co que se vivía durante os acontecementos que conduciron á Segunda Intifada.

Á xuntanza telemática uniuse Ayman Odeh, portavoz da coalición política israelí de esquerdas Lista Conxunta, de maioría árabe, "para apoiar a reconciliación palestina", que cualificou como "un paso necesario para combater a anexión, acabar coa ocupación e conseguir unha paz xusta".

O inicio por parte de Israel do proceso de anexión dos asentamentos xudeus en Cisxordania e do estratéxico Val do Xordán estaba previsto para o 1 de xullo. O movemento, que basea a súa 'lexitimidade' no chamado Acordo do Século ─o acordo de paz para Palestina presentado polo Goberno de Donald Trump─, ficou en pausa polo momento.

Tamén en pausa ficaron as mobilizacións. A pasada cuarta feira, 1 de xullo, data prevista para o inicio do proceso de anexión tan só se produciron pequenas concentracións en Ramala e Xericó. A ANP decidiu non convocar máis protestas en tanto que non se produza a anexión. En Gaza, porén, a afluencia ao "Día da Ira" convocado por Hamas foi maior.

Oposición á medida unilateral de Israel

Amnistía Internacional considerou que a anexión de partes da Cisxordania ocupada é "ilegal" e promove "a lei da selva". "A lei internacional é perfectamente clara", sinalou a organización internacional, que pediu accións concretas á comunidade internacional contra a medida unilateral, así como contra o Acordo do Século, que autoriza a anexión de 33% do territorio de Cisxordania, incluído o Val do Xordán e colonias israelís.

"A anexión é ilegal. Punto", declarou tamén a comezos desta semana a Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, e advertiu a Israel das consecuencias.

E o secretario de Estado do Vaticano, Pietro Parolin, despois de se reunir cos embaixadores de Israel e dos Estados Unidos, reafirmou que "o Estado de Israel e o Estado de Palestina teñen dereito a existir e a vivir en paz e seguridade, dentro das fronteiras internacionalmente recoñecidas".

Comentarios