De Paco Vázquez a Belén Esteban ou Santiago Abascal: Galería de españolismo nun vídeo de apoio a Felipe VI

Impulsado por 'Libres e Iguales', a plataforma de Cayetana Álvarez de Toledo.

 

Vídeo Libres e Iguales apoio rei
photo_camera No vídeo toman parte máis de 180 voces do mundo da política ou a cultura (Foto: Libres e Iguales)

A plataforma españolista ‘Libres e Iguais’ reuniu nun vídeo dirixentes do PP, PSOE,  Vox e Cidadáns en defensa de Felipe VI. No vídeo, o presidente do PP, Pablo Casado, o líder de  Vox, Santiago Abascal, o presidente de Castela-A Mancha, o socialista Emiliano García  Page, e a presidenta de  Cs, Inés Arrimadas, entre outros, transmiten o seu apoio á institución monárquica

A deputada do PP  Cayetana Álvarez de Toledo, impulsora da iniciativa, explicou este domingo que a proposta enviouse a unha "ampla representación das elites españolas" e lamentou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e os ministros declinasen participar. "Lamento que España é un país onde o presidente do goberno non pode dicir un viva o xefe do Estado", criticou.

O vídeo ten unha duración de 14 minutos e recolle varias 183 mostras de apoio a Felipe VI. Ademais dos mencionados, aparecen o  ex presidente Mariano Raxoi, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz  Ayuso e o presidente da Junta de Andalucía, Juanma Moreno, entre outros.

A ‘representación’ galega corre a cargo do ex presidente español Mariano Raxoi,  Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña, ex secretario xeral do PSdeG e ex embaixador español ante o Vaticano. Tamén de Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional e columnista en La Voz de Galicia; e de Bieito Rubido, director do ABC. 

"Trátase dunha alegación contra a desidia, o sectarismo e a deslealdade constitucional", defendeu a mesma Álvarez de Toledo, que aposta por unha "gran agrupación democrática  constitucionalista española" na cal tamén inclúe a  Vox, "para salvar e dar continuidade á Constitución".

Non só políticos aparecen neste vídeo. Por el desfilan tamén dramaturgos como Albert Boadella, filósofos como Fernando Savater ou cantantes como Plácido Domingo ou Belén Esteban e Tamara Falcó..

Tamén aparecen toureiros como Francisco Rivera ou xornalistas como Arcadi Espada, Carlos Herrera ou Herman Terstch. Ademais de apoiar a monarquía, a mensaxe do vídeo tamén se centraba na defensa da constitución do 78 e da unidade de España.  

 

Comentarios