Pacifistas gravan colonos israelitas a disparar sobre palestin@s

O grupo israelita de defesa dos direitos humanos B’Tselem divulgou varios vídeos, nos que se ve un grupo de colonos disparando a palestin@s, mentres soldados do exército hebreo presencian a escena. Os feitos aconteceron esta fin de semana nas proximidades da colonia de Yitzhar, na contorna de Nablus.


Os feitos foron filmado no sábado à tarde por palestin@s que colaboran como voluntarios para a B’Tselem, unha entidade israelí que traballa en defensa dos dereitos humanos.

Segundo o relato de B’Tselem, mencionado en esquerda.net, un grupo de colonos “alguns armados, aproximaram-se da zona onde vivem os palestinianos, junto ao colonato Yitzhar, e atiraram pedras e abriram fogo. Depois acorreram ao local mais palestinianos, que tentaram responder ao ataque com pedras, e apareceram os soldados e os polícias de fronteira”.

No comunicado da B’Tselem sinálase que as imaxes do vídeo levantan graves sospeitas de que os soldados que estaban presentes non actuaron en ningún momento para evitar que os colonos agredisen con pedras e disparasen sobre @s palestin@s..

Como resultado destes feitos, unha moza de 24 anos resultou ferida dun disparo na cabeza e cinco palestinos resultaron don diversas feridas. B’Tselem anunciou que vai denunciar os feitos ante a Unidade de Investigación da Policía Militar posto que “os soldados non cumpriron coa súa obriga de protexer aos palestin@s dos actos de violencia dos colonos”.

Comentarios