Pablo Iglesias conta nunha palestra que partiu un óso nunha pelexa "contra xentiña dunha clase moito máis baixa que a nosa"

A cara visíbel do proxecto Podemos aproveitou a presentación dun libro para narrar o altercado. 

podemos
photo_camera [Imaxe de arquivo]


O profesor e cara máis coñecida da iniciativa electoral Podemos, Pablo Iglesias, contou durante a presentación do libro 'Abaixo o réxime' os detalles dun altercado en que se viu envolto "non porque alguén da miña situación socioeconómica se vexa moitas veces nesa situación".

Nunhas declaracións enmarcadas no contexto dunha análise que fai a respeito do uso da violencia nos protestos sociais, o profesor relata que "só partín un óso unha vez na miña vida e foi por dar unha pancada co puño". Os feitos producíronse nun centro social onde "un grupo de lúmpens, de xentiña dunha clase moito máis baixa que a nosa" intentou roubar, sempre segundo o profesor, unha mesa de misturar son propiedade duns músicos de rap.

"Os rapeiros querían partirlles a boca e eu creo que cun criterio normal [...] e chamáronnos aos políticos universitarios para que calmaramos a situación", continúa explicando. O desenlace foi unha liorta en que "gañamos" porque eran "tres contra un". No enfrontamento, Iglesias partiu un óso dun dedo. 

NOTA: os vídeos pendurados corresponden cun estracto e a conversa íntegra mantida por Pablo Iglesias e Nega, de Los Chikos del Maíz, durante a presentación dun libro que asinan xuntos. Na conversa íntegra, o fragmento estractado aparece a partir do minuto 49.

Comentarios